A lendaria Pedra da Serpe de Corme
A Pedra da Serpe de Corme é un dos monumentos rupestres máis representativos de Galicia. A pesar da súa sinxeleza, espertou unha gran curiosidade de historiadores e arqueólogos ao longo dos últimos séculos. Trátase dun exemplo único en toda Europa Occidental, un relevo "vivo" da historia de Galicia. A Pedra da Serpe localízase no concello de Ponteceso, na parroquia de Corme Aldea, nun lugar de posible topónimo de orixe xermánica, o lugar de Gondomil. Trátase dunha roca granítica no que se labrou a figura dunha gran serpe alada, algo que a fai única e excepcional. Séculos despois, o lugar foi cristianizado coa colocación dunha cruz sobre a mesma pedra. Esta cruz non é a actual, senón contemporánea, pois a orixinal xa non se conserva, xa que foi derrubada accidentalmente. A pesar das numerosas hipóteses sobre a cronoloxía desta curiosa pedra, aínda ninguén o ten claro e todo son especulacións. Escoitarás que este culto á serpe pérdese en tempos remotos, antes