Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fontes

Capela, fonte, peto e oratorio de São Félix de Barbeita | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Cruzando a  Ponte do Mouro , entre Barbeita e a União dás Freguesias de Ceivães e Badim, chegaremos á Capela de São Félix. Trátase dun fermoso conxunto arquitectónico composto de casa reitoral, peto, cruceiro, igrexa e fornelo. Por aquí circulaba o antigo camiño de peregrinación de Monção para a romaría da Senhora dá Peneda en Arcos de Valdevez. Igreja de São Félix Este templo relixioso situado en Barbeita e dedicado a São Félix presenta unha arquitectura manierista, rococó e neoclásica. Ten planta lonxitudinal e nave única cunha fachada rematada en frontón triangular con nicho e dous óculos no tímpano. No interior destacan os retablos rococós policromados e os retablos neoclásicos. Sobre a porta adintelada pódese ler a posible data de construción: ano 1765. Oratório de Santo Cristo / Oratório do Senhor da Boa Morte En fronte á porta principal da igrexa poderemos ver un fantástico fornelo rectangular que acubilla un cruceiro barroco policromado e unha especie de porta pintada con fresc...

Balneario do Lérez | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Balneario de Villa Buenos Aires - Augas do Lérez Cando visitemos este lugar non é fácil adiviñar o que aquí había fai máis de 100 anos. Á vista das ruínas actuais resulta impensable imaxinarse que o lugar era un fervedoiro de auguistas vindos desde diversos puntos da Península e mesmo de fóra dela para gozar das calidades mineiro medicinais destas augas. A principios do século XX, D. Casimiro Gómez regresaba de Arxentina cunha gran fortuna despois de emigrar con tan só 15 anos e coa intención de investir parte dese diñeiro (100.000 pesetas) nun gran complexo turístico que daquela estaba en época de esplendor. A súa idea foi construír un gran balneario aproveitando as augas termais das beira do Lérez, en Monte Porreiro e así creou un bo establecemento hostaleiro en 1906 con todo luxo de detalles e coas máis modernas instalacións. Para iso adquiriu unha gran leira de 80 ha cun gran bosque para goce dos bañistas. Incluso o río era en parte navegable e eran moitos os que se decidían por pa...