Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Foxos de lobo

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O Foxo do Lobo de Laxoso ou a Lobeira de Laxoso é unha trampa centenaria para a caza do lobo da que aínda hoxe poderemos ver os restos en Ponte Caldelas practicamente no val do río Verdugo. Os muros de leste de Laxoso son en forma de "V", a máis habitual en Galicia e os seus muros na súa orixe alcanzaban os tres metros de alto e case un metro de anchura.  A estrutura tiña ao redor de catrocentos metros de cachotería acabados no vértice en forma dun foso circular dun diamétro de 4,8 metros e unha profundidade de preto dos tres metros. O Foxo do Lobo de Laxoso foi parcialmente rehabilitado, sinalizado e posto en valor no ano 2017. Poderemos apreciar a estrutura do foso circular e parte dos muros de pedra seca que converxen nel, aínda que no momento da nosa visita os fentos cubrían gran parte deles. Lembremos que para a caza do lobo xuntábanse os veciños e cun gran alboroto e provistos de  bisarmas (especie e lanza rematada cun gancho) escorrentaban ao lobo ...

Foxo do Lobo de Torgás | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Un "foxo do lobo" era unha trampa ancestral utilizada para regular as poboacións do lobo en determinadas áreas xeográficas. A súa poboación hai séculos non era igual que na actualidade e por iso o lobo constituía unha ameaza para o gando que proporcionaba o alimento. Existen varios tipos de "foxos" pero basicamente a función era a mesma: Facer que o lobo quedase atrapado nun gran buraco e que de alí non puidese escapar. Moitos destes foxos manteñen muros laterais que converxen no pozo onde os lobos eran levados e alí ou ben eran lanzeados ou mesmo o chan do pozo tiña estacas para na súa caída acabar con eles. En Parada de Sil, moi preto do Miradoiro de Os Mouros ou Balcóns de Madrid e a 645 metros de altura atópanse os restos dun destes pozos. Localízase por detrás do campo de fútbol e na primeira década do século XXI foi obxecto dunha intervención para a súa posta en valor. Por iso e para evitar o perigo de caída foi valado con madeiras e sinalizado debidamente. Es...