Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA

O Foxo do Lobo de Laxoso ou a Lobeira de Laxoso é unha trampa centenaria para a caza do lobo da que aínda hoxe poderemos ver os restos en Ponte Caldelas practicamente no val do río Verdugo. Os muros de leste de Laxoso son en forma de "V", a máis habitual en Galicia e os seus muros na súa orixe alcanzaban os tres metros de alto e case un metro de anchura. 


A estrutura tiña ao redor de catrocentos metros de cachotería acabados no vértice en forma dun foso circular dun diamétro de 4,8 metros e unha profundidade de preto dos tres metros.


O Foxo do Lobo de Laxoso foi parcialmente rehabilitado, sinalizado e posto en valor no ano 2017. Poderemos apreciar a estrutura do foso circular e parte dos muros de pedra seca que converxen nel, aínda que no momento da nosa visita os fentos cubrían gran parte deles.


Lembremos que para a caza do lobo xuntábanse os veciños e cun gran alboroto e provistos de  bisarmas (especie e lanza rematada cun gancho) escorrentaban ao lobo ao interior dos muros para que caesen no foso circular e alí darlles morte. Para saber como funcionaban e como eran exactamente estes  foxos do lobo deixámosvos esta ligazón 



Máis fotos

Mapa - Localización




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño