Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta COTOBADE

Pedrafita - Marco da Anta | GALICIA MÁXICA

Imaxe
O concello de Cotobade, agora Cerdedo-Cotobade, alberga multitude de restos e vestixios dunha época moi remota , como poden ser mámoas, petróglifos ou castros. A súa variedade patrimonial é tan grande que poucos municipios teñen a sorte de contar nas súas terras con tantos bens e iso sen contar a súa espectacular variedade patrimonial de épocas máis recentes como posibles restos romanos, medievais, pazos, muíños, pontes, pontellas , etc... O caso que nos ocupa é unha posible pedrafita , pedra fincada, aínda que a súa orixe non é moi certa. Localízase e fai de marco divisorio das parroquias de Santa María de Sacos e San Miguel de Carballedo, nun lugar de Monte Arcela , moi preto de Trabazo , nun antigo paso que unía os vales do Lérez e o Almofrei . Cando pasamos por este lugar detivémonos inmediatamente xa que esta pedra chamounos poderosamente a atención. Non dispoñiamos de información para poder especular sobre se era un posible menhir, aínda que as cruces gravadas, a ...

Telescopio do Monte Coirego e Campo da Poza | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Carballedo O Monte Coirego inclúe unha serie de lomas que se levantan máis de 700 metros de altura sobre o nivel do mar. A súa situación afastado da costa e lonxe de grandes núcleos urbanos fano un lugar inmellorable para a observación das estrelas e para achegarse e estar en comuñón co universo. A Asociación Astronómica Sirio impulsou un proxecto para a construción dun observatorio astronómico neste lugar no 2008. Para iso contaron co apoio da Asociación Cultural e Medioambiental Canón de Pau e grazas á cesión do terreo por parte da Asociación de Montes de Carballedo por 25 anos e o financiamento de Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 o proxecto fíxose realidade. Para iso construíse un habitáculo cadrado cunha cúpula de catro metros nun lugar denominado Campo da Poza. Dentro instalouse un telescopio Meade LX200 ACF de 40 cm de diámetro e uns prismáticos xigantes así como diversos equipos informáticos. A construción foi deseñada polos arqui...