Cepedelo, a vila habitada máis alta de Galicia

Cepedelo é unha das parroquias do concello ourensán de Viana do Bolo,  lindando xa con Zamora e nunha zona montañosa marcado polo paso do profunda val do río Bibei. É natural que como extensión parroquial Cepedelo albergue alturas que van desde os 1200  m ata preto dos 1400.


Nestas zonas de Galicia a dispersión poboacional é mínima e as duras condicións de vida provocaron que as escasas vivendas da zona formasen pequenos núcleos concentrados e é por iso que a parroquia non teña ningunha vivenda máis que no núcleo habitado de Cepedelo.

As súas vivendas sitúanse a unha altura de entre 1330 m e 1350 m facendo de Cepedelo a vila habitada máis alta de Galicia. Con todo segundo o censo de 2018 Cepedelo alcanza os 19 habitantes dos que tan só un deles dedicado á gandería pasa todo o ano no lugar. E é que a vida aquí non é fácil… Nevadas, xeadas e unha deficiente comunicación cos núcleos habitados máis próximos fan difícil a estancia. Dicir que Viana do Bolo atópase a 17 km de distancia nun tramo que dificilmente baixa da media hora de viaxe. Imaxinádevos o acceso á Seguridade Social e a calquera outro trámite administrativo. É por iso que os habitantes de  Cepedelo prefiran pasar as tempadas invernais na mesma Viana do Bolo.


No verán cambia lixeiramente o aspecto da vila, pois son máis os veciños que pasan a tempada chegados de Madrid, Cataluña e outros puntos da Península.

Existen outras vilas habitadas que se sitúan tamén a gran altura, como o caso de O Cebreiro a 1302 ou Fonfría, ambos en Pedrafita do Cebreiro, Lugo. En Ourense tamén temos a Lardeira en Carballeda de Valdeorras ou  Chaguazoso en Vilariño de Conso, pero  Cepedela por uns metros sóbese ao "máis alto" da clasificación.

Localización Cepedelo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA