Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mosteiros

Casal de Chedas | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A conca do Deza forma vales que aínda hoxe permanecen perdidos e ocultos ás miradas de moitos de nós. O seu relevo e a súa natureza forman lugares de especial beleza repletos de restos cheos de historia e tradición popular. No oculto val de Chedas, nos Montes do Testeiro, existe un casal solitario habitado que se conta que hai séculos foi centro de aprendizaxe de diversas artes dos veciños monxes do mosteiro de Aciveiro. Trátase dun conxunto de edificacións de diversas épocas e moi reformado que conta con capela, hórreo, vivenda, algún alpendre e un gran adro central ao cal lle chega unha canle de auga que recolle as augas dun regacho próximo. Diversas pedras dan conta do seu pasado afastado como unha xanela de arco conopial flanqueado por dous rostros gravados que ben podería ter máis de 500 anos e remontarse ao gótico tardío. Diversas pezas dentro do casal contan con inscricións dun pasado incerto xa que se di que esta edificación foi construída cos restos dun convento que se localiz...

San Lourenzo de Barxacova | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Mosteiro de San Lourenzo de Caldelas A historia de San Lourenzo de Barxacova parace perderse en tempos remotos. Esta pequena aldea de Parada de Sil aséntase nun montículo de 600 metros de altitude e a súa localización privilexiada sobre o val do Mao e do Sil propiciou asentamentos desde a idade de ferro como mínimo. Aínda que descoñecemos a existencia dun castro, características físicas non lle faltaban. O que si sabemos é que neste lugar existiu un mosteiro medieval chamado San Lourenzo de Caldelas e que dependía de Montederramo. Fálase tamén dunha torre ou casa señorial a teor dos restos como brasóns e motivos decorativos que se diseminan por toda a pequena vila e que hoxe se mostran incrustados en diversas construcións, como na súa igrexa barroca. A toponimia existente como Casa dá Cárcere ou A Torre non fan máis que ratificar esta posibilidade. Hai constancia dun documento do ano 1155 onde Fernando II doa o mosteiro de San Lourenzo de Caldelas, "situado entre os mosteiros de S...

Mosteiro - Igrexa de Mosteiró | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Convento de Nossa Senhora de Mosteiró Cerdal En portugués a palabra "mosteiro" significa mosteiro, do mesmo xeito que en galego. Con todo con til na última "ó" (Mosteiró), amplía o seu significado referíndose a un "mosteiro pequeno". É o caso do mosteiro que nos ocupa, que de pequeno hoxe en día non ten nada. O que se ten é de abandono e se ninguén o remedia pronto os restos dos muros do mosteiro en cuestión virán abaixo. Ao sur do concello de Valença atópase a freguesía de Cerdal onde se conservan os restos dun gran mosteiro hoxe esquecido a pesar de contar cunha igrexa que é monumento nacional que está totalmente conservada. Conta a lenda que o primeiro cenobio foi fundado por eremitas que gardaron a imaxe da Virxe ante a invasión moura do século VIII. Da existencia dunha edificación xa nos fala Frei Agostinho de Santa María da cal nos di que foi abandonada no século X. A mediados do século X son os benedictinos os que fundan un mosteiro que posteriormen...

Mosteiro de San Fins | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Mosteiro - Igreja de São Fins de Friestas Sancti Mametis de Fenestris FRIESTAS A tan só 12 quilómetros de Valença localízanse nunha ladeira do Monte Faro e a 200 metros de altura os restos do mosteiro milenario de San Fins de Friestas cunha clara influencia do románico e cantería galega. Causa impresión o estado desta xoia histórica na que poderemos gozar dun gran número de elementos patrimoniais de entre os que destaca a súa espectacular igrexa románica. Claustros, soportais, cemiterio, acueducto, muíño, capelas, dependencias, lagares, eiras, terreos de cultivo, murallas, capelas e fontes, son só unha pequena parte do que nos depara este lugar que foi moi modificado durante os últimos séculos. Non hai unanimidade para a súa antigüidade. Mentres que uns sitúan as súas orixes xa en época alto medieval (principios de século VII), para outros a súa fundación sería no século XII. A derriba dun nártex secular no século XX no que existía unha data primitiva impediu o seu estudo minucioso e p...

Convento de Herbón | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Convento de Santo Antonio de Herbón A beiras do Ulla sitúase un dos edificios monásticos máis emblemáticos desta comarca. Localízase moi preto da igrexa románica de Santa María de Herbón e moi cerquita tamén da localidade de Padrón. Foi fundado por Frei Gonzalo Mariño e Frei Pedro de Nemancos que recibiron os terreos no ano 1396 cedidos polos veciños e polo cabido de Iria. Seguidamente o mosteiro adquiriu importancia e pronto recibiu doazóns que farían pasar ao edificio por diversas fases construtivas. A primeira engloba desde a súa fundación ata o ano 1700 que pasa de ser un pequeno eremitorio a un bo convento que acollería no 1509 xa 22 persoas. No século XVII recibe un gran impulso pois pasa a ser colexio de misioneiros dirixidos polos Pais Franciscanos. Segundo bula papal ninguén podería ir a misións no novo mundo senón estudara nestes colexios. Así é como o convento adquiriu un gran poder e autonomía durante esta época. Por esta razón o edificio é agrandado e dotado de novos servi...