Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cabos

Punta Corveiro, O Con Merdeiro | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Punta Corveiro, Punta Corveira, Punta Corbeiro... son os diferentes topónimos que nos atoparemos ao buscar este pequena pero preciosa punta de Noalla, en Sanxenxo. O que está claro é o porqué do nome, pois in situ pronto nos daremos conta. Non hai máis que ver desde a punta unhas rocas que sobresaen mesmo con marea alta e poderemos ver normalmente un ave pousada sobre elas. Trátase do "corvo mariño" (phalacrocorax). De aí o nome de Punta Corveiro. Sobre estas pedra notaremos unha capa branca provocada polos excrementos deste ave e que curiosamente deu o nome a estas rocas; O Con Merdeiro. Punta Corveiro atópase entre A Lanzada e Punta Faxilda e desde aquí poderemos ver as illas de Cíes, Sálvora e Ons, ademais de toda a enseada da Lanzada e a península do Grove. É un magnífico lugar para gozar das postas de sol e das vistas ao océano. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Punta Faxilda | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Punta Faxilda é o punto máis setentrional do concello de Sanxenxo e localízase na parroquia de Noalla. Un lugar especial para a observación do océano e das illas pertencentes ao Parque Nacional dás Illas Atlánticas pois desde aquí temos á nosa vista as Cíes á esquerda, Ons á fronte e Sálvora á nosa dereita. Poderemos ver tamén a praia de Major e a veciña Punta Corveira ademais da bocana da Ría de Vigo con Cabo Silleiro e Cabo Home. Ao norte divisaremos O Grove e por detrás a península de Barbanza coa Curota como silueta característica. Elévase a 31 metros sobre o mar e conserva unha flora propia da fachada de costa Atlántica. Non é difícil ver pasar arroaces (golfiño mular) moi cerquita da costa. Seguindo a moda dos "bancos máis bonitos do mundo" Punta Faxilda tamén posúe o seu que foi creado por veciños da parroquia de Noalla creando un magnífico miradoiro. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

O Puntal da Serra | GALICIA MÁXICA

Imaxe
A costa sur da península de Monteferro componse de rocas graníticas mentres que no seu lado norte o xisto é a roca máis presente. Por iso, a erosión nesta últimas forma caprichosas formas dentadas e puntiagudas. E é esta forma a que deu nome a esta pequena punta da Serra. Trátase dun pequeno entrante de terra no mar de 19 metros de altura e desde onde poderemos observar con detalle a costa norte de Monteferro ata a Punta Lameda. Desde aquí temos tamén unha boa panorámica de toda a Enseada de Patos. Accédese por un estreito camiño desde a Fonte da Serra. Debemos extremar a precaución pois un resbalón poderíanos traer un gran desgusto polas inclinadas paredes dos cantiis. O lugar está sinalizado como miradoiro e forma parte da Senda Litoral de Monteferro. Denomínaselle O Puntal da Serra ou A Ronsel da Serra. Moi preto poderemos ver os restos do cuartel militar do século XX e na costa sur a maior concentración de muíños de man do neolítico en Galicia. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN