Poboado castrexo de Castromaior
O castro de Castromaior é unha xacemento milenario que comprende os restos dun antigo poboado galaico con lixeiras influencias romanas da súa última e breve etapa. Os restos do castro localízanse no concello de Portomarín e o poboado está repartido entre as parroquias de Narón e Castromaior, da cal colle o nome polo que se adoita denominar. Unha das particularidades deste castro da Idade de Ferro é que se sitúa aos pés do Camiño de Santiago e por iso é un recurso espectacular para esta etapa que une Portomarín-Palas de Rei. O trazado do Camiño discorre pola estrada que vai cara a Castromaior, pero o trazado antigo pasa directamente por un dos fosos do castro. A diferenza doutros castros que aproveitaban as defensas naturais que lles proporcionaba o terreo, tales como ríos ou ladeiras de montañas, o castro de Castromaior localízase nun terreo suave e por iso os seus poboadores tivéronse que esmerar para construír unha serie de defensas ao redor do ...