Cepedelo, a vila habitada máis alta de Galicia
Cepedelo é unha das parroquias do concello ourensán de Viana do Bolo, lindando xa con Zamora e nunha zona montañosa marcado polo paso do profunda val do río Bibei. É natural que como extensión parroquial Cepedelo albergue alturas que van desde os 1200 m ata preto dos 1400. Nestas zonas de Galicia a dispersión poboacional é mínima e as duras condicións de vida provocaron que as escasas vivendas da zona formasen pequenos núcleos concentrados e é por iso que a parroquia non teña ningunha vivenda máis que no núcleo habitado de Cepedelo. As súas vivendas sitúanse a unha altura de entre 1330 m e 1350 m facendo de Cepedelo a vila habitada máis alta de Galicia . Con todo segundo o censo de 2018 Cepedelo alcanza os 19 habitantes dos que tan só un deles dedicado á gandería pasa todo o ano no lugar. E é que a vida aquí non é fácil… Nevadas, xeadas e unha deficiente comunicación cos núcleos habitados máis próximos fan difícil a estancia. Dicir que Viana do Bolo atópase a 17 km de...