Regueiro de Ponte Piñeiro | GALICIA MÁXICA

Na parroquia de Santa Mariña de Covelo, entre Mangón e Pazos, existía un antigo camiño que unía estas localidades e que logo se dirixía á igrexa parroquial e cemiterio de Santa Mariña. Entre estes dous lugares había que vadear un pequeno río chamado Regueiro de Ponte Piñeiro e que en época de crecidas facíase moi complicado o seu paso. 



Por iso construíuse probablemente no século  XVIII unha ponte de pedra dun só arco que o atravesa e que hoxe aínda se conserva, aínda que na actualidade limítase a un uso veciñal xa que ata el só poderemos chegar por antigos camiños que aínda conservan parte da súa calzada de pedra.


Xunto á ponte, que practicamente fai de fronteira entre as parroquias de Santiago e Santa Mariña de Covelo, existen dous antigos muíños de auga en ruínas.


Non debemos confundir esta ponte do Regueiro de Pontee Piñeiro cos existentes na parroquia de Piñeiro en Covelo, onde aínda poderemos ver tamén algún centenario.


Para chegar ata este lugar poderedes facelo realizando o carreiro circular AQA ou ben desde O  Mangón descendo o antigo camiño durante 300 metros e percorrendo unha bonita aínda que moza  carballeira. É fácil localizar o punto de inicio da pista pois unha antiga cruz de pedra marcaranos o camiño. Aínda que non coñecemos o camiño desde Pazos tamén é posible chegar desde alí, posiblemente desde a capela de San Amaro.




MÁIS FOTOS










Comentarios

Publicacións populares deste blog

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA