Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Comarca da Coruña

Fiestra Aberta ó Mar | GALICIA MÁXICA

Imaxe
No ano 2004 foi inaugurado parte do Paseo Marítimo da Coruña e para iso foron instaladas unha serie de esculturas ao bordo do mesmo. Unha delas colocada na zona de O Portiño é obra de Francisco Pazos e denomínase "Fiestra Aberta ó Mar", comunmente coñecida como Xanela ao Atlántico. Trátase dunha composición de pezas de pedra que forman unha xanela coas contras abertas erosionadas pola acción do vento e da auga e que non podería ter mellores vistas; o océano. As súas doce pedras de granito unidas con resinas e aceiro inoxidable forman unha escultura que mide 4,5 metros de altura e ten un ancho de 2,5 metros. En fronte localizanse as chamadas Tres Illas formadas pola Illa do Vandabal, A Illa do Pé e A Illa do Aguión. Sen dúbida o conxunto é un lugar único para contemplar as postas de sol sobre o Océano Atlántico. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN

Monte de San Pedro | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Batería de costa C-8 - Batería do Monte de San Pedro Outro dos numerosos puntos defensivos estratéxicos militares de Galicia foi o Monte de San Pedro, situado moi preto da cidade da Coruña. Neste monte sobre a costa de 139 metros de altura mantívose activo un cuartel militar de principios de século destinado á defensa do Golfo Ártabro ata os anos 70 do século XX. O punto defensivo estaba provisto de dous xigantescos canóns modelo Vickers Armstrong construídos no ano 1928 cuxo alcance roldaba os 40 quilómetros e a súa munición pesaba máis de 800 quilos. Aínda así, os seus 17 metros de lonxitude e a súa calibre de 381 mm non impedían unha frecuencia dun disparo por minuto. Estes canóns foron construídos por Barrow-in-Furness en Inglaterra e trasladados por mar ata o porto da Coruña. Unha vez alí non houbo máis remedio que usar un sistema de raíles desmontables e a unha velocidade de 200 metros por día levalos ata a cima do monte. A parte destas dúas pezas de artillería o cuartel posuía b...

Parque de Bens |GALICIA MÁXICA

Imaxe
Nas proximidades da cidade da Coruña existe un gran parque de recreo creado no ano 2001. Construíuse sobre o que no século pasado foi o vertedoiro da cidade. É o Parque de Bens. No ano 1996 un fatídico accidente levou a vida dunha persoa ao esborrallarse parte do lixo acumulado nunha das súas ladeiras. Este feito supuxo un cambio de conciencia municipal e a promesa de rexenerar este lugar. Así, seis anos despois (2001) e con motivo do Día Mundial de Medio Ambiente, o parque foi inaugurado para o goce dos visitantes. O parque conta con 60 hectáreas para o esparexemento e está dotado con parques infantís, paseos, bancos, estanques, fontes, esculturas que evocan a un pasado e miradoiros. Xunto ao parque infantil poderemos ver o primeiro barco de salvamento de España coñecido como Branca Quiroga. A área está valada, vixiada e conta con horario de apertura e peche, así como un bo aparcadoiro no exterior. O punto máis alto é unha lomba natural de 161 metros desde o que poderemos ver unhas fa...

Ponte dos Brozos | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de ) Existen bens patrimoniais e históricos que por motivos alleos a eles víronse forzados a convivir con paisaxes que ata hai pouco eran inimaxinables para estes. É o caso da Ponte dos Brozos, que a duras penas conseguiu salvarse da barbarie da tecnoloxía e da civilización e manterse case intacto. Este sitúase no corazón dun grande area industrial coñecido como O Polígono do Sabón. Hoxe forma parte do Paseo Fluvial que discorre sobre este polígono paralelo a un río ferido polo progreso, o río Bolaños. Supónselle un pasado romano, ligado á vía que percorría a costa e que era coñecida como Per Loca Marítima. A través dos séculos a ponte sufriu varias modificacións ata chegar ao estado actúal. Hoxe presenta dous arcos cun tallamar contra a corrente. No lado contrario ten unha pila que crea un apartadoiro xunto á calzada que tamén conserva un vello enlousado. A pesar de non ter ollos apuntados a calzada encóntrase en lixeira pendente en ambos os dous lados. Localización - Mapa Ver ...

Praia de Sabón ou de Alba | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de Toni Corrales) Esta gran praia perdeu todo o seu esplendor dende que se instalou xunto a ela a central térmica de Sabón, xusto na desembocadura do Río Arteixo ou Bolaños no que tamén se contruiu unha presa coñecida como Encoro de Ruxidoiro. Ademais da central o Río Bolaños discorre polo interior do Polígono Industrial de Sabón polo que dende fai xa moitos anos non baixa como a todos nos gustaría. A zona dunar  sur é moi escasa debido á degradación dos últimos anos. Cara ao norte encóntrase a central e o encoro. A praia é bañada polo Océano Atlántico e por iso recibe forte ondada. A praia conta cun bo aparcadoiro. A construción do porto exterior de Punta Langosteira provoca que a praia se desconfigure máis aínda no seu aspecto natural. A pesar desta contaminación, o encoro é utilizado por moitas especies de aves que ven nas súas augas doce un lugar onde poder alimentarse e criar. Ocupa unha extensión de 900 metros por 40 metros de ancho. O Tempo na praia de Sabón con: Localiza...

Praia Valcovo ou de Area Grande | GALICIA MAXICA

Imaxe
(Fotos de Toni Corrales) Atoparás esta praia de Arteixo escrita das máis diferentes xeitos: " Valcobo, Balcobo, Balcovo," non obstante o topónimo oficial é "Valcovo" e para evitar confusións así mostrarémolo. A praia de Valcovo encóntrase protexida polo sueste por unha elevación coñecida como O Monte da Angra que alcanza os 239. Cara ao nordés sitúase un pequeno monte de 133 metros que mantén restos dunha ocupación castrexa. O val deixado entre estas dúas elevacións forma na costa esta fermosa praia triangular que conta con máis de 260 metros de lonxitude na súa parte máis ancha. O seu ancho varía moito xa que alcanza un mínimo de 30 metros e un máximo de 100 en marea baixa.  O areal está flanqueado pola Punta do Compás e a Punta do Petón. Praia de mar aberto rodeada de dunas que fai que este resgardada á vista, facendo dela un lugar paradisíaco de augas limpas. A súa proximidade ao casco de Arteixo provoca que sexa unha das praias máis transitadas do municipio. Con...