O Pozo do Arco, fervenzas e muíños | GALICIA MÁXICA
No concello de Oia, na parroquia de Burgueira existe un fermoso recuncho da Serra da Groba formado polo río Tamuxe . Trátase da área coñecida como O Pozo de Arco e que está formada por un carreiro con pasarelas de madeira e unha ponte, varios muíños e unha magnífica fervenza , ademais das pozas formadas neste estreito e rochoso tramo de río. Outro lugar que sería unha marabilla se conservase algo do seu bosque autóctono. O río Tamuxe O río Tamuxe , ás veces denominado tamén como Carballas nace en Oia e fórmase recibindo a auga de varios pequenos regatos como o de Vilachán ou o de Margaridas que nacen entre A Serra da Groba e as estribacións ao norte da Serra do Argalo . Logo discorre encaixado por este municipio formando paraxes fabulosas como as Pozas de Loureza . Despois atravesa as parroquias do Rosal de Santa Mariña do Rosal e San Miguel de Tabagón onde desemboca no río Miño. As pasarelas e a ponte do Pozo do Arco No ano 2012 a c . m .v....