Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Románico

Igrexa de San Martiño de Lalín de Arriba | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Lalín de Arriba (San Martiño) é unha das máis de cincuenta parroquias que o concello de Lalín conta dentro dos seus límites. Localízase xunto ao núcleo urbano da vila e a súa igrexa monacal é considerada un das orixes de Lalín. Hoxe en día consérvase unha igrexa con grandes trazos románicos cuxo orixe se remonta ao século X. Dita igrexa pertencía a un mosteiro benedictino fundado polo bispo de Mondoñedo Arias Peláez cara ao último cuarto do século X. Tratábase dun mosteiro mixto con abade e abadesa. Nun documento do ano 1019 menciónase a existencia dunha igrexa prerrománica e fálase da presencia dunha reliquia de San Martiño, a cal daría gran categoría a este cenobio que atraería a numerosos fieis. Lalín xurdiría a par do mosteiro para dar servizo a leste. O cenobio servía para dar acubillo e alimento aos peregrinos que se achegaban polo hoxe chamado Camiño do Inverno, que proviña de Rodeiro e que se dirixía a Santiago. Na mesma idade media o mosteiro de San Martiño xa deixou de existi...

Igrexa de San Salvador de Meis | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Meis ocupa o corazón do Salnés, hoxe día o corazón do albariño, esa prezada uva que fai as delicias dos máis exquisitos padais. A sempre asollada zona de Meis e a súa proximidade ao mar fan desta uva unha das mellores brancas para a elaboración de viño branco. A riqueza que trouxo a uva a diversos puntos de Galicia provocou que moitos templos fosen reconstruídos e reconvertidos en igrexas barrocas nos séculos XVII e XVIII. Con todo en Meis aínda conservamos un bo número de templos con marcado acento románico. Exemplos destes son Armenteira , a igrexa de Santa María ou a de San Martiño. Aquí, en San Salvador de Meis tamén temos outro templo de orixe románico. Se circulamos pola autovía do Salnés sempre nos chamará a atención a silueta coa fachada románica desta parroquia. Trátase dunha igrexa dunha soa nave cunha gran ábsida cadrada que conta cunha bóveda de canón e un arco de triunfo que os separa. Aínda que a súa orixe pérdese no século XII a igrexa sufriu numerosas reconstrucións pos...

Mosteiro de San Fins | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Mosteiro - Igreja de São Fins de Friestas Sancti Mametis de Fenestris FRIESTAS A tan só 12 quilómetros de Valença localízanse nunha ladeira do Monte Faro e a 200 metros de altura os restos do mosteiro milenario de San Fins de Friestas cunha clara influencia do románico e cantería galega. Causa impresión o estado desta xoia histórica na que poderemos gozar dun gran número de elementos patrimoniais de entre os que destaca a súa espectacular igrexa románica. Claustros, soportais, cemiterio, acueducto, muíño, capelas, dependencias, lagares, eiras, terreos de cultivo, murallas, capelas e fontes, son só unha pequena parte do que nos depara este lugar que foi moi modificado durante os últimos séculos. Non hai unanimidade para a súa antigüidade. Mentres que uns sitúan as súas orixes xa en época alto medieval (principios de século VII), para outros a súa fundación sería no século XII. A derriba dun nártex secular no século XX no que existía unha data primitiva impediu o seu estudo minucioso e p...