Boas novas para a Torre de Sandiás
Todos os que circulásemos pola A-52 á altura de Sandiás, seguro que nos chamou a atención os restos dunha torre medieval que se levanta moi preto desta estrada. Non todo poden ser malas noticias en canto a protección e recuperación do patrimonio. Esta vez a boa sorte é para un torre que outrora vixiaba a hoxe desecada Lagoa de Antela. É a chamada Torre do Castro, tamén coñecida como Torre de Sandiás . Trátase dunha icona deste municipio que mesmo adorna o escudo de Sandiás. Os veciños levan tempo reclamando unha axuda urxente para a posta en valor e conservación deste ben patrimonial aínda que lonxe dunha solución o problema estaba a agravarse ultimamente debido a diversos actos vandálicos incomprensible nos seus arredores. 😡Aparecen #pintadas vandálicas en el entorno de la torre medieval de O Castro (Sandiás), Bien de Interés Cultural y emblema de este concello de #ALimia . Ojalá la @guardiacivil logre identificar al "artista" o "artistas" para ...