Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2021

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Imaxe
Traémosvos un lugar para pasar unha tarde refrescando literatos galegos ou un lugar no que a arte da palabra achegaravos ao sentir máis profundo de Galicia. Unha visita na que poñer a proba o que sabemos, quen é cada un deles, curiosidades dos homenaxeados e un nomear que obras regaláronnos. É quizais un rinconcito coa mellor das nosas artes, a literatura, ese fiar de palabras contando a mellor das historias, a nosa, que é tamén a de todo aquel que a queira coñecer, aí esta a maxia de Galicia. Antes gustaríame contarvos un pouco a historia deste lugar, porque como todo o bo, nace dun soño. A volta á terra dun emigrante galego fai que este terreo sexa parte dun proxecto de raíces na terra, unha gandería. O seu fillo aínda se emociona ao lembrar como a vida é ás veces inxusta e fai que o soño do seu pai trúnquese e o terreo non teña un comezo de futuro. O seu fillo ve na propiedade un tremendo potencial e a cultura aflora en cada esquina convertendo a insua nun referente cultural para t