Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño
Traémosvos un lugar para pasar unha tarde refrescando literatos galegos ou un lugar no que a arte da palabra achegaravos ao sentir máis profundo de Galicia. Unha visita na que poñer a proba o que sabemos, quen é cada un deles, curiosidades dos homenaxeados e un nomear que obras regaláronnos. É quizais un rinconcito coa mellor das nosas artes, a literatura, ese fiar de palabras contando a mellor das historias, a nosa, que é tamén a de todo aquel que a queira coñecer, aí esta a maxia de Galicia.
Antes gustaríame contarvos un pouco a historia deste lugar, porque como todo o bo, nace dun soño. A volta á terra dun emigrante galego fai que este terreo sexa parte dun proxecto de raíces na terra, unha gandería. O seu fillo aínda se emociona ao lembrar como a vida é ás veces inxusta e fai que o soño do seu pai trúnquese e o terreo non teña un comezo de futuro. O seu fillo ve na propiedade un tremendo potencial e a cultura aflora en cada esquina convertendo a insua nun referente cultural para todo aquel que teña algo que achegar á terra.
Créase unha fundación con grandes personaxes que o único que lles move é Galicia e as súas xentes, facendo un espazo para o público que ofrece a mellor das leccións, a da entrega, e adórnaa coa mellor das artes, a cultura galega, porque se de algo imos sobrados os galegos é de intencións, leccións e amor. Agora só pídemos o respecto adecuado para que todo flúa como debe e é que nas nosas mans está sementar a semente nos nenos e facerlles entender que neles está o noso futuro e que o ser galego é un orgullo.
Gozaremos neste espazo de saber dunha bonita homenaxe ao que amou Galicia acariñando a súa esencia e ao que día a día consente a Fala. Tamén ao que se achega ao galego no bico dos pés ou o que o fai a pleno pulmón. Este é un espazo que se adapta a todos porque Galicia é unha nai que abraza ao que a quere.
O galego é a nosa forma de estreitar lazos e de entender que somos únicos. Para un galego é a máis bonita das linguas, a que nos fai sentir e vibrar.
Neste espazo contemplaremos unha valoración a un gran traballo, un agasallo en forma de esculturas. É aquí onde a arte das letras e o dos mellores canteiros ou escultores danse a man.
Un percorrido que nos encantará realizar e que se nos fará moi curto porque teremos ganas de descubrir a Rosalía, Eduardo Pondal, Celso Emilio... e así, grazas a un sen fin de esculturas, iremos achegando aos mellores autores galegos. E por se queredes alongar a visita, xusto á beira, tedes o roteiro dos muíños do río Pedriña que foi inaugurada recentemente.
Insua dos Poetas
Benvidos a Insua dous Poetas, un espazo de lecer, de entretemento, no que incitaremos aos nenos para aprender máis sobre as nosas raíces e a espertar os seus mellores valores. Convidarémoslles a arrolar a lingua que nalgúns casos atópase adormentada e a mostrar a importancia da obra galega durante o percorrido.
Recomendación "FALAR GALEGO"
O galego, non se impón, ensínase a querelo e como sodes moitos os que non o falades ou coñecedes, convídovos a que o descubrades con novos ollos, os do amor e o respecto, porque só hai unha lingua mal falada, a que non se fala.
Aproveito desde este espazo para convidar o crítico a que a ensine e achegue con agarimo e non con reproches, que agradeza ata o máis mínimo agasallo en forma de palabra e aínda que se rumoree desordenadamente e con poucas palabras, o motivar a utilizala sen máis, sen reproches, iso fará que soe máis forte. Noto en ocasións en redes que nos empeñamos en impoñer ou corrixir coma se alguén nos dese o titulo de profesor do noso. Encantaríame que todos fósemos os mellores mestres e regalásemos o mellor de cada un.
Imos amar o GALEGO
É por iso que ao pasar polas portas da Insua dos Poetas vai ser obrigado botar a lingua a pasear, será o noso galego o protagonista durante todo o percorrido, que non sabes galego, non importa, axudarémonos do tradutor e aprenderemos novas palabras.
Aprender novas linguas estimula a intelixencia e grazas a iso desenvolvemos ferramentas que nos axudarán no día a día, propician o achegamento con outras culturas e é o mellor que nos pode pasar. Dicirvos que o galego se achega desde o agarimo, con mimo e paciencia, non pasa nada que o falemos mal ao principio, estamos a tentalo e isto é o que realmente conta.
Faremos o percorrido en profundidade porque en cada unha das esculturas estaremos un tempo lembrando quen era o autor ao que vai dirixida a escultura, curiosidades da súa vida, obra... Será moi divertido e instructivo este precioso lugar Estades listos? Non esquezas ler un fragmento de cada un deles, é a mellor forma para coñecer ao literato.
Anfiteatro ao aire libre da Fundación Insua dos Poetas
Un dos mellores escenarios para acoller a gran festa deste ente vivo, este espazo do saber, "A festa dá palabra" que fai honra ao seu nome e é un punto de encontro para todo aquel que ame á súa terra e polo tanto a Lingua.
"Galicia mostra ou seus mellores encantos ou que sabe escoitar cos ollos, mirar coas orellas e amar coa lingua" @seseixa
Grandes artistas participaron deste lugar de encontro cultural como Milladoiro ou Luar na Lubre, por nomearche algún dos que máis me gustan.
Escultura en homenaxe a Francisco Luis Bernárdez
Fonte das sete palabras
Tenta explicar que significa cada unha das palabras, faremos unha frase con elas e se son máis maiores dotarán de personalidade a cada unha das palabras e inventarán historias. Lembrarán as sete palabras? Unha vez terminado o percorrido e xa na porta de entrada, preguntarémosllas e citaranas, se non se acordan deben volver lelas, gaña o que chegue primeiro e consiga lembralas todas. Esta fonte dará moito, pero que moito xogo.
Conxunto en homenaxe a Eduardo Blanco Amor
Buscamos e aprendemos Quen era? e, que escribiu?
Escultura en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
Buscamos e aprendemos Quen era? e, que escribiu?
Homenaxe a Pura e Dora Vázquez
Buscamos e aprendemos Quen era? e, que escribiu?
Homenaxe a poetas do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez
Escultura co poema "Penélope" de Xosé María Díaz Castro
Extracto da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor
Un espazo en continuo crecemento, un lugar que fomenta a cultura galega, un espazo para todos aberto e de entrada gratuíta.
Vídeo da historia da Insua dos Poetas
Atento ás novedades no seu Facebook
Todas as forzas do espírito están conosco... Centenario da revista Nós, 1920-2020. Anfiteatro ao aire libre da Fundación Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño).
Publicada por Fundación Insua dos Poetas en Domingo, 10 de enero de 2021
Comentarios
Publicar un comentario