Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Comarca do Sar

Igrexa de Santa María de Herbón | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Herbón Existen dous templos en Herbón que marcaron o devir relixioso e cultural destas terras famosas no mundo enteiro polos seus pementos. Un é o convento de Herbón e outro a igrexa parroquial de orixe románico de Santa María. Esta última é unha igrexa con claro acento románico de transición, do século XII exactamente e que foi mandada construír polo mesmo Arcebispo Xelmírez. Ante nós levántase unha igrexa robusta, dun gran alzado que conta con contrafuertes a ambos os dous lados para a súa estabilidade. Móstrasenos claramente a influencia do románico compostelán na súa planta e na súa fachada de sillería de granito. Nesta fachada ábrensenos tres arcos dos cales dous son cegos e o que se abre é a porta principal cunha fermosa decoración na súa portada. Isto repítese na Ribeira Sacra en templos como o de Santo Estevo de Ribas de Miño e o de San Paio de Diomondi . Na súa porta, tres pares de columnas sosteñen as tres arquivoltas semicirculares. O seu parte de atrás remátase cunha ábsid...

Convento de Herbón | GALICIA MÁXICA

Imaxe
Convento de Santo Antonio de Herbón A beiras do Ulla sitúase un dos edificios monásticos máis emblemáticos desta comarca. Localízase moi preto da igrexa románica de Santa María de Herbón e moi cerquita tamén da localidade de Padrón. Foi fundado por Frei Gonzalo Mariño e Frei Pedro de Nemancos que recibiron os terreos no ano 1396 cedidos polos veciños e polo cabido de Iria. Seguidamente o mosteiro adquiriu importancia e pronto recibiu doazóns que farían pasar ao edificio por diversas fases construtivas. A primeira engloba desde a súa fundación ata o ano 1700 que pasa de ser un pequeno eremitorio a un bo convento que acollería no 1509 xa 22 persoas. No século XVII recibe un gran impulso pois pasa a ser colexio de misioneiros dirixidos polos Pais Franciscanos. Segundo bula papal ninguén podería ir a misións no novo mundo senón estudara nestes colexios. Así é como o convento adquiriu un gran poder e autonomía durante esta época. Por esta razón o edificio é agrandado e dotado de novos servi...