Punta Corveiro, O Con Merdeiro | GALICIA MÁXICA
Punta Corveiro, Punta Corveira, Punta Corbeiro... son os diferentes topónimos que nos atoparemos ao buscar este pequena pero preciosa punta de Noalla, en Sanxenxo. O que está claro é o porqué do nome, pois in situ pronto nos daremos conta. Non hai máis que ver desde a punta unhas rocas que sobresaen mesmo con marea alta e poderemos ver normalmente un ave pousada sobre elas. Trátase do "corvo mariño" (phalacrocorax). De aí o nome de Punta Corveiro. Sobre estas pedra notaremos unha capa branca provocada polos excrementos deste ave e que curiosamente deu o nome a estas rocas; O Con Merdeiro. Punta Corveiro atópase entre A Lanzada e Punta Faxilda e desde aquí poderemos ver as illas de Cíes, Sálvora e Ons, ademais de toda a enseada da Lanzada e a península do Grove. É un magnífico lugar para gozar das postas de sol e das vistas ao océano. Máis fotos aquí MAPA - LOCALIZACIÓN