Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2018

Un achegamente ao mundo dos muíños fariñeiros de Galicia

Imaxe
Falar de muíños fariñeiros é falar dunha das construcións populares máis emblemáticas de Galicia xa que o seu uso foi clave para o desenvolvemento da economía de subsistencia no rural desde hai moitos séculos. Ademais de moer cereais, os muíños desenvolveron unha cultura popular ao redor deles enriquecendo o noso folclore enormemente. Eran lugares de reunión de interminables xornadas e esperas, lugares de acubillo e refuxio, lugares de duro traballo, agocho para amores secretos... Non en balde o muíño era considerado unha peza crave e por iso respectado por todos os membros dunha comunidade. O muíño emprégase desde hai séculos, tanto que a súa orixe pérdese na historia da humanidade e o uso das ferramentas. En Galicia temos as primeiras manifestacións no neolítico en forma de muíños naviculares fixos e portátiles, para despois chegar o muíño circular de dúas pezas que tamén era movido a man. Este último foi o xerme dos muíños fariñeiros de auga, pois o seu funcionamento era o mes...