Ponte da Area | GALICIA MÁXICA

O pequeno Rego Murela nace a 397 metros moi  cerquita de Chan de Lodeiro, lugar de enterramento  megalítico. O seu escasos tres quilómetros de percorrido lévano ata a súa desembocadura na praia de  Basteira, xa en Cariño.


Non fai tanto que este pequeno río desembocaba libre na mesma praia de Basteira. A construción de novas infraestruturas urbanas e do peirao provocaron que o río fose soterrado en parte e canalizado na súa desembocadura. No lugar de  Sabrón e xusto antes de "desaparecer" existen os restos dunha pequena ponte de pedra xa centenaria da que só queda o arco. É o chamado Ponte da Area, seguramente denominado así pola proximidade dos areais que outrora tan só era duns poucos metros.


O lugar está moi presionado urbanisticamente e a ponte presenta un gran estado de abandono aínda sendo un ben catalogado dentro do patrimonio de Cariño. A pesar de ser denominado como "Ponte Romana" sobre a súa cronoloxía pouco sabemos aínda que nos comentan que podería ser unha ponte de mediados do século  XIX. Nas fotos do voo americano de 1956 aínda se aprecia o seu uso.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA