O Parque do Pasatempo, novo ben na "Lista Roja de Patrimonio"

Non corre o tempo senón voa no Parque do Pasatempo… e mentres tanto prosegue a súa deterioración e segue esperando por unha solución real que de esperanzas para a súa conservación e un futuro máis prometedor.
O Parque  do  Pasatempo localízase en Betanzos e foi ideado e promovido polos ilustres irmáns García Naveira xa fai máis de cen de anos coa intención de crear un gran parque temático.

Xa pasaron moitos anos desde o seu abandono e pasa o tempo e ninguén parece ofrecer unha solución clara a este deixamento que vai matando o parque pouco a pouco.

Mentres tanto acaba de ser incluído no catálogo da Lista Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra que inclúe todos aqueles bens de España sometidos a risco de desaparición ou alteración.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén