Boas novas para a Torre de Sandiás

Todos os que circulásemos pola A-52 á altura de Sandiás, seguro que nos chamou a atención os restos dunha torre medieval que se levanta moi preto desta estrada.



Non todo poden ser malas noticias en canto a protección e recuperación do patrimonio. Esta vez a boa sorte é para un torre que outrora vixiaba a hoxe desecada Lagoa de Antela. É a chamada Torre  do Castro, tamén coñecida como Torre de Sandiás.

Trátase dunha icona deste municipio que mesmo adorna o escudo de Sandiás. Os veciños levan tempo reclamando unha axuda urxente para a posta en valor e conservación deste ben patrimonial aínda que lonxe dunha solución o problema estaba a agravarse ultimamente debido a diversos actos vandálicos incomprensible nos seus arredores.


Por sorte e como xa confirmaron a Dirección  Xeral de Conservación de Patrimonio Cultural ten previsto realizar o proxecto para o seu acondicionamento e consolidación para máis tarde poder levar a cabo a actuación finalmente aprobada. Oxalá sexa pronto!



Lembremos que todos os castelos e restos de fortalezas son BIC por decreto lei do ano 1949 e son os organismos competentes os que deben velar pola súa integridade e respecto.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén