Con pés ou sen pés, o máis longo é
Existe unha gran controversia e descoñecemento cando escoitamos falar de cal é o hórreo máis grande de todos. Centrados na discusión temos que diferenciar que non é o mesmo grande que longo e esta é a primeira diferenza que debemos atallar. Por longo entenderemos a súa lonxitude, indubidablemente, e por grande centrarémonos no seu volume. Sen dubidalo Galicia posúe os hórreos máis longos da península e probablemente do mundo, pero a dúbida vén cando falamos do máis grande. No máis alto do podio do hórreo máis longo atópase o de Araño, en Rianxo, que cos seus 37,05 metros deixa atrás ao resto. Debemos comentar que non tomando medidas nós atopámonos diferentes traballos que falan desde os 36,70 do propio hórreo ata os 37,40 incluíndo os tornarratos. Aínda así leva o premio ao máis longo. Hórreo de Araño
Hai quen defende aos seus rivais sobre o de Araño argumentando que este non ten pés, pero como sempre dicimos nós nun refrán que nos inventamos "Con pés ou sen pés, hórreo é". En segundo lugar témonos que ir ao concello de Carnota para visitar os máis famosos, quizais pola súa boa cantería ou polos seus 22 pares de pés. Alí localízanse o hórreo da parroquia de Lira (Sta. María) e o propio da parroquia de Carnota (Santa Comba). O primeiro deles ocupa a segunda posición alcanzando os 36,53 m e o de Carnota, que para moitos era o máis longo, quedaría en terceira posición con 34,74 m. Hórreo de Carnota
Hórreo de Lira
Para a cuarta posición imos a un mosteiro que conta, como non, cun gran hórreo. Concretamente sería o do mosteiro de San Xoán de Poio que chega a medir 33,46 m e que co seu ancho de 3,36 converteríano no máis ancho da súa clase, ollo, só da súa clase. Hórreo de Poio
A falta de medidas exhaustivas estender a lista fáisenos máis complicado xa que existen numerosos hórreos cuxa lonxitude superan os 20 metros. Leixa, Ozón, Ponte do Porto, Rianxiño, Valga, son algúns dos exemplos que chegan ou mesmo superan os 25 metros. O problema aparece cando falamos do hórreo máis ancho e a de máis capacidade. Moitas veces oín que o de Poio cos seus tres pares de pés e a súa gran anchura que supera os tres metros é o de máis capacidade. Aínda que se podemos afirmar que é o hórreo con pés máis grande en canto á súa superficie e en capacidade nunha soa cámara, pero non podemos asegurar que en capacidade total sexa superado polo de Araño, xa que conta co celeiro no súa parte inferior. Sen coñecer as medidas exactas en canto ao longo, ancho e alto é difícil aventurarse no cálculo. En canto ao ancho do hórreo de Poio poderemos dicir sen dúbida que NON é o máis ancho dos hórreos galegos xa que todos coñecemos os representantes cuadrangulares das terras de nordés de Galicia e eses seguro que son máis anchos. Hórreo en Piornedo Hórreo en Bueño. Oviedo. Foto: http://www.elcomercio.es/oviedo/madera-centenaria-bueno-20170919124104-nt.html
Ademais existen unhas cuantos celeiros que tamén poderían ser considerados hórreos que deixan en ridículo a leste de Poio e non só en Galicia, senón que en Asturias, León, Portugal, e mesmo na Rioxa alcanzan grandes dimensións.Hórreo románico de Iracheta. La Rioja. Foto: http://www.arquivoltas.com/6-Navarra/Iracheta1.htm
Quizais a diferenza estea na definición de hórreos e a súa interpretación; que ten pés, que non fai falta, que é de madeira, de pedra, mixto, que se son paneiras, celeiros, a súa cubrición, que se cabaceira, cabaceiro, cabaz, cabazo, canastro, canizo, celeiro, espigueiro, piorno, que se eu... Cobres. Foto hórreosdegalicia Flickr
Por iso deberiamos facer unha clasificación en canto a tipoloxías para poder confeccionar unha lista detallada. Para resolver estas dúbidas o arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto iniciou un estudo cun equipo de oito persoas que utilizan as últimas técnicas de medición e non só de Galicia, senón tamén de toda a península. Unha vez terminado teremos unha gran idea do verdadeiro tamaño e capacidade dos hórreos. Esperemos pois polo devandito traballo.

Comentarios
Publicar un comentario