Petróglifos de Taboexa | GALICIA MÁXICA
O concello das Neves foi vítima de devastadores incendios en outubro de 2017. A voracidade das chamas foi tal que o 90 % do territorio deste municipio converteuse en cinzas. Todo San Domenio así como os montes veciños quedaron calcinados completamente. Con todo despois deste masacre ecolóxico saíu á luz uno dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes do últimos vinte anos. Para descubrilo debemos achegarnos á histórica parroquia de Taboexa, cuxo pasado está repleto de achados arqueolóxicos.
Os seus petróglifos, o seu mítico e lendario castro de Altamira, a súa presenza romana (como testemuñou a figura de bronce do deus Mercurio) e moitos outros descubrimentos máis fan desta parroquia un lugar sen igual. As estacións rupestres que nos ocupan localízanse a uns 600 metros ao norte do Castro de Altamira e saíron á luz en decembro de 2017 cando nunha visita arqueolóxica para avaliar os danos do patrimonio polos incendios deuse por casualidade con eles, xa que a vexetación que o cubría desaparecera completamente e a erosión e arrastre da terra polas choivas fixo o resto.
Concretamente foron descubertos polos membros do Instituto de Estudos Miñoranos Xosé Lois Vilar, ou etnógrafo Xilberte Manso e os dous grandes coñecedores da materia Cándido Verde e Xosé Álvarez. Atópanse por baixo dos anteriormente xa coñecidos petróglifos de Morgallón, a tan só 25 metros. Os debuxos repártense por varias rocas aínda que nunha delas atópase a maior concentración de gravados.
Trátase dunha superficie de 6 x 5 metros aproximadamente e nela represéntanse unha multitude de motivos diferentes. Destacan unha gran cantidade de zoomorfos (posiblemente équidos, un ferido con lanza), antropomorfos sexuados, xeométricos, coviñas, cánidos e varios círculos nos que un deles lémbranos a unha eclipse (opinión persoal e subxectiva). Os bordos desta roca foron danados xusto antes do descubrimento por maquinaria destinada a diversos labores na loita contra o nematópodo do piñeiro. Por sorte os debuxos non sufriron moito.
Á beira, outra pequena roca móstranos un cuadrúpedo de grandes dimensións, xa que alcanza un metro, sendo dos máis grandes do noroeste peninsular. Uns metros cara abaixo outra roca móstranos máis motivos rupestres. Neste caso as figuras representadas son círculos, xeométricos, numerosas coviñas que parecen formar unha "V" e mesmo posibles antropomorfos. Destacan tamén unha gran cantidade de cruces latinas o que fai pensar que este lugar xa era coñecido hai séculos e pola súa orixe descoñecida sacralizada coas devanditas cruces cristiás. Uns metros máis arriba localízase a estación de Coto de Morgallón e non moi lonxe os da Cabreira, coa gran serpe preñada. Para ver todas as fotos, tanto diúrnas, como nocturnas do conxunto pica a seguinte ligazón:

Comentarios
Publicar un comentario