Sendeiro dos Pescadores Río Miño, Arbo | GALICIA MÁXICA

En Arbo existe unha fermosa ruta que discorre a beiras do Miño e que percorre parte do seu interesante e xa histórico patrimonio pesqueiro e da que ademais poderemos gozar da marabillosa contorna natural de ambas as beiras. Un lugar que outrora concentrou unha gran cantidade de pesqueiras das que aínda poderemos ver algunhas delas.



A ruta parte desde a praia fluvial, xunto á ponte internacional que une Arbo con Melgaço (O Peso-Paderne, Portugal), que antigamente estaba unida cun paso en barca coñecido como A Barca Vella e que formaba a fronteira histórica de San Marcos. Alí mesmo atoparemos a maxestuosa Pesqueira dos Cregos, formada por catro poios e catro bocas (unha delas coñecida como Pillagatos) e dous rabos unidos. Desde as súas pedras pescábase co viturón e as masouras diferentes especies entre as que destaca a famosa lamprea.

O seu nome lembra aos tempos en que este tipo de pesqueiras pertencían aos mosteiros e cenobios dos arredores e cuxos monxes tiñan o privilexio do seu uso. Esta pesqueira tamén se denomina "Os Coengos", "O Frade" e "O Cachón do Abade".


Simplemente debemos seguir a ruta sinalizada por un estreito carreiro que discorre entre a vía do tren e o río e durante uns sete quilómetros deixarnos levar pola beleza da paisaxe. Debemos ir cun bo calzado e con moito coidado dos resbalóns que nos poderían xogar unha mala pasada. A ruta finaliza na praia fluvial de Sela xunto ao manancial do mesmo nome. Alí mesmo tamén poderemos percorrer o sinxelo carreiro interpretativo das pesqueiras cun breve percorrido de aproximadamente 1 km.




Máis fotos aquí


MAPA - LOCALIZACIÓN


No anterior mapa mostramos o inicio da ruta de pescadores de Arbo. A continuación os deixamos a ruta de Wikiloc máis ampliada deste percorrido no que coñeceremso o  río Deva e a ponte de San Xoán de Mourentán.

RUTA

Powered by Wikiloc

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén