Pedrafita - Marco da Anta | GALICIA MÁXICA

O concello de Cotobade, agora Cerdedo-Cotobade, alberga multitude de restos e vestixios dunha época moi remota , como poden ser mámoas, petróglifos ou castros. A súa variedade patrimonial é tan grande que poucos municipios teñen a sorte de contar nas súas terras con tantos bens e iso sen contar a súa espectacular variedade patrimonial de épocas máis recentes como posibles restos romanos, medievais, pazos, muíños, pontes, pontellas, etc...



O caso que nos ocupa é unha posible pedrafita, pedra fincada, aínda que a súa orixe non é moi certa. Localízase e fai de marco divisorio das parroquias de Santa María de Sacos e San Miguel de Carballedo, nun lugar de Monte Arcela, moi preto de Trabazo, nun antigo paso que unía os vales do Lérez e o Almofrei.



Cando pasamos por este lugar detivémonos inmediatamente xa que esta pedra chamounos poderosamente a atención. Non dispoñiamos de información para poder especular sobre se era un posible menhir, aínda que as cruces gravadas, a base da cruz e a utilización de marco divisorio fíxonos sospeitar dunha natureza artificial.


Trátase dunha pedra cadrangular de aproximadamente 1,20 de alto e conta entre os seus gravados dúas cruces e as iniciais "S" de Sacos e ""C" de Carballedo pola outra cara. Ademais xunto á pedra atópase outra cuadrangular cun buraco onde presumiblemente se suxeitase un elemento sacralizador, unha cruz. Ademais atópase nunha necrópole megalítica e a escasos metros dunha mámoa coñecida como Portela da Anta, polo que non se descarta que puidese pertencer a un dolmen, aínda que moi retocada.(Perico Concheiro) A única información que localizamos e que debemos agradecer podédela ver neste blogue de Moncho Boga: http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2013/02/pedrafita-menhir-de-portela-da-anta-san.html


Máis fotos aquí


MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén