Sendeiro e muíños do río Mendo | GALICIA MÁXICA
O sendeiro do Río Mendo localízase integramente en Salvaterra de Miño e atravesa as parroquias de Leirado, Corzáns, Fiolledo e Oleiros. Aproveitouse a canalización de saneamento destas parroquias para a construción da senda que en ocasións é unha ancha pista e pola que está prohibido circular a vehículos salvo a propietarios.
Durante o percorrido dun pouco máis de 6 km veremos varios muíños, algúns deles recuperados, áreas recreativas, pasarelas de madeira e formigón en forma de pontes, cultivos de vide e millo e un espeso manto natural en ambas as beiras que en ocasións atópase invadido por silvas e eucaliptos.
Nós comezamos o percorrido na igrexa parroquial de Leirado e a escasos metros empezamos a senda que nos levará directamente ao pequeno río Mendo. É unha ruta sinxela, pois non existe pendente algunha e ademais non hai perda pois o traxecto discorre sempre á marxe do rego.
Se vos apetece podedes desviarvos en Corzáns para ver a Porta da Inquisición que se trata dos restos dun antigo pazo. No mapa de abaixo poderedes ver a súa localización.
A ruta acaba ao bordo do "porto seco" ao chegar á estrada PO-400 que une Salvaterra de Miño con As Neves. Con todo se cruzamos a estrada e seguimos o curso do río pasaremos por baixo dunha antiga ponte de ferrocarril que xa non funciona e a uns metros atoparemos unha mostra máis de muíño recuperada, aínda que sen sinalizar. Seguimos a estrada a man esquerda e levaranos directamente a unha pequena praia fluvial no mesmo Miño onde desemboca o río Mendo.

Máis fotos aquí
MAPA - LOCALIZACIÓN
Powered by Wikiloc
Comentarios
Publicar un comentario