Ponte e muíños de Pinheiros | GALICIA MÁXICA

Pinheiros é unha parroquia do municipio portugués de Monção e aséntase no fértil val que forma o río Gadanha, afluente do Miño. O seu patrimonio máis famoso fórmao o espectacular Palácio dá Brejoira do século XIX. Con todo esta parroquia esconde fermosos recunchos xunto ao río dignos de mencionar.



Un deles é o formado polos muíños e a ponte centenaria de Pinheiro, por onde discorría o antigo camiño que se dirixía ao pazo. Hai quen opina que por esta ponte circulaba unha vía romana que unía Valença con Melgaço. Romana ou non, o que está claro é a antigüidade do camiño como así o testemuñan os próximos topónimos en referencia a un camiño.



Hoxe en día a zona está habilitada como área recreativa e praia fluvial e conta con mesas, aseos, parque infantil e biosaludable. O parque recibe o nome de Mário Gomes en gratitude a esta persoa polo labor cara á parroquia de Pinheiros. Tamén existe unha cantina na zona recreativa.



O conxunto arquitectónico e etnográfico fórmao un conxunto de muíños cos seus pertinentes presas e levadas, unha magnífica ponte de pedra, un lavadoiro con fonte, un peto e a igrexa parroquial, ademais do belo e histórico pequeno conxunto urbano.



Como dixemos a ponte puido ter un pasado romano aínda que parece sufrir varias reconstrucións. É dun só arco e algún sillar parece ter algunha marca medieval aínda que aparenta ser modificado no século XVIII.



Por este lugar pasa unha ruta denominada Trilho Cova da Moura que percorre diversos recursos dos arredores.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA