Muíño dos Ramallás | GALICIA MÁXICA
No río Tea, pouco antes da súa desembocadura no Miño en Fillaboa, consérvanse os restos dun antigo muíño do século XIX que aproveitaba o abundante caudal do Tea para a moenda de gran. Localízase moi próximo do antigo camiño real de Ourense-Tui e o súa principal característica é o peto que se atopa encostado na mesma fachada xunto á porta principal. Baixo él podemos ver unha inscrición que marca o ano 1886 e diversas cruces que daban protección ao tan necesario muíño.
En canto á súa tipoloxía non sabemos con exactitude se se trata dun muíño de dorna ou de tinalla, que é unha mestura dos de "canle" e "dorna". Estes últimos son comúns no norte de Portugal e coñécense varios casos nas zonas de Galicia limítrofes co Miño, como o caso de Salvaterra de Miño. Consta de dúas grandes canles de entrada e curiosamente tres "infernos" ou "grechas" en caso dos de dorna. É posible que uno deles sexa un aliviadoiro pois sobre o "tremiñado" non se aprecian restos da maquinaria sobre este "inferno". Da "levada" que traía a auga non queda nada, aínda que se pode ver moi preto restos da presa (acea) que embalsaba a auga para desvialo cara á canle.
Por diversos sillares, "perpiaños" e outros restos podemos dicir que este muíño estivo activo xa entrado o século XX. Ademais vendo a foto do "voo americano" de 1956-1957 veremos que a gran canle e a zona parece estar en bo estado.
Hoxe en día queda a testemuña do que debeu ser un muíño cunha actividade frenética e de vital importancia nesta comarca.
A uns 500 metros río abaixo consérvase a ponte de orixe medieval de Fillaboa, ao cal se chega por unha senda xunto ao río.
[caption id="" align="aligncenter" width="994"] Fotografía do voo americano do ano 1956-1957 onde podemos apreciar a forma da canle.[/caption]

Comentarios
Publicar un comentario