Ermida da Barca | GALICIA MÁXICA
Non é que a pequena ermida da Barca destaque particularmente pola súa arquitectura, nin sequera pola súa decoración, se non porque o seu emprazamento é único e impresionante. Localízase nun lugar especial pola confluencia de dous grandes vales, o do Cabe e do Sil, nunha zona profunda de grandes canóns naturais.
Concretamente a unión da intersección dos ríos comprende as provincias de Ourense e Lugo e os concellos de Sober, Pantón e Nogueira de Ramuín.
A ermida é sinxela e probablemente a súa orixe pérdese na antigüidade aínda que hoxe en día vexamos unha pequena construción rectangular de mampostería do século XVIII.
O mesmo nome da Barca cóntanos que aquí existiu un importante paso en barca que unía as beiras destes ríos e cuxo orixe se remonta a tempos de esplendor do próximo mosteiro de Santo Estevo, pois un camiño real comunicaba ambas as beiras. No século XVII propúxose construír unha ponte pero o permiso foi denegado e as embarcacións seguiron sendo as protagonistas ata que no ano 1955 construíuse a actual ponte que une Pantón con Nogueira de Ramuín. Tamén se levantou unha pequena ponte peonil sobre o Cabe que unía a zona da estación de ferrocarril de Santo Estevo coa Barca.
Actualmente veremos as augas dos ríos mansas xa que o encoro de San Pedro retenas un pouco máis adiante. Tamén moi preto está a gran presa de Santo Estevo sobre o río Sil.
Existen varias formas de chegar ata A Barca. Desde Sober e desde Pantón existen pequenas estradas sinuosas pero cheas de belezas naturais que nos deixarán na estación de Sto. Estevo por unha banda e na Barca por outro. Ambas son de ida e volta polo mesmo camiño. Outra forma de facelo é desde Os Peares pola estrada que leva polo fondo do val. Unha vez chegado á ponte que cruza á provincia de Lugo debemos deternos e descender un carreiro que nos levará ata a beira e pasarela peonil que cruza o Cabe. Desde aquí as vistas son fantásticas. Pasaremos por unha antiga construción que puidese ter relación co antigo paso en barca e subindo a outra beira chegaremos á pequena ermida.
Nas fotos desta reportaxe poderedes ver nunha pequena parte os efectos do incendio que no ano 2017 estivo a piques de arrasar por completo o val e a punto estivo de calcinar a ermida, probablemente o lugar onde se orixinou o incendio...

Comentarios
Publicar un comentario