Torre de Caldaloba | GALICIA MÁXICA

Fotos de  e @siglo_XV

En Cospeito, sobre unha pequena elevación de 467 metros, se mal conservan os restos da Torre de Caldaloba, unha construción cuxo orixe data de época baixo medieval e como ocorre en moitos outros casos de fortalezas defensivas baixo ela atópanse os restos do castro do Coto do Mato.

A pesar de ser declarado BIC en 1994 os restos da torre ameazan derrube e se ninguén o remedia acabará como moitos outros lugares históricos da terra. Hoxe en día aínda se pode apreciar parte dos muros da torre cuadrangular de 10 metros de lado que se alza a máis de 25 metros de altura e as súas grosas paredes que excedían os 2,5 metros de anchura. Construída en mampostería reforzada con sillares de granito en portas, xanelas e esquinas, a torre estaba distribuída en catro plantas e estaba rematada con almenas que hoxe non se conservan. A construción atopábase defendida por ata catro fosos dos que aínda hoxe poderemos ver os seus restos.



Formaba parte da antiga fortaleza de Vilaxoán e foi testemuña directa da furia irmandiña que non puido destruír este castelo converténdose despois en símbolo da resistencia da nobreza galega en contra dos intereses e pretensións centralizadoras do Reis Católicos. Entre os seus muros resistiron Dona Constanza de Castro, filla do decapitado Mariscal Pardo de Cela e o seu marido Fernán Ares, quen se enfrontou aos ataques do gobernador Diego López de Haro, enviado do rei para tentar poñer orde en terras galegas.



Entre as lendas destaca a existencia dun túnel que unía este castelo co próximo pazo de Caldaloba.

No ano 1775 o último propietario decidiu vender moitas das pedras da contorna para construír unha cercana cárcere.

A pesar de ser parcialmente restaurada a finais do século XX, a torre hoxe mostra un estado deplorable e a ruína e o abandono apoderáronse del.


Ficha do ben en Patrimoniogalego.net:


Torre de Caldaloba


 


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA