Parque de Bens |GALICIA MÁXICA

Nas proximidades da cidade da Coruña existe un gran parque de recreo creado no ano 2001. Construíuse sobre o que no século pasado foi o vertedoiro da cidade. É o Parque de Bens.



No ano 1996 un fatídico accidente levou a vida dunha persoa ao esborrallarse parte do lixo acumulado nunha das súas ladeiras. Este feito supuxo un cambio de conciencia municipal e a promesa de rexenerar este lugar.



Así, seis anos despois (2001) e con motivo do Día Mundial de Medio Ambiente, o parque foi inaugurado para o goce dos visitantes.



O parque conta con 60 hectáreas para o esparexemento e está dotado con parques infantís, paseos, bancos, estanques, fontes, esculturas que evocan a un pasado e miradoiros. Xunto ao parque infantil poderemos ver o primeiro barco de salvamento de España coñecido como Branca Quiroga.



A área está valada, vixiada e conta con horario de apertura e peche, así como un bo aparcadoiro no exterior.



O punto máis alto é unha lomba natural de 161 metros desde o que poderemos ver unhas fantásticas vistas da cidade da Coruña e da bocana do Golfo Ártabro. Cara ao sur as belas vistas ven embazadas pola factoría petroleira Refinería da Coruña que se localiza neste lugar desde o ano 1964.



Moi cerquita temos outro gran parque situado no Monte de San Pedro.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA