Museo Ramón María Aller | GALICIA MÁXICA
Os afeccionados galegos á astronomía seguro que saben ben quen foi Ramón María Aller Ulloa. Trátase dun dos astrónomos e matemáticos máis destacados de Galicia. Naceu en Donramiro, Lalín, no ano 1878, e ademais das ciencias tamén foi sacerdote.
En honra a este, o concello de Lalín dispón dun museo dedicado ao astrónomo e a dous fillos ilustres do municipio: Joaquín Loriga e Laxeiro.
Sitúase no centro de Lalín, na rúa tamén dedicada ao astrónomo. No seu interior poderemos ver o mobiliario e o despacho de este e diversos instrumentos como antigos telescopios e numerosos libros.
Ademais da zona dedicada ao matemático as salas albergan 37 obras de Laxeiro e varios obxectos do aviador Joaquín Loriga.
O edificio do século XIX, que pertenceu ao mesmo Ramón Aller, conta cun patio e unha torre onde no ano 2010 foi instalado unha cúpula e un telescopio reflector de tipo Ritchey-Chrétien de 20 polgadas (50,8 cm) de diámetro.

Enderezo: Rúa Ramón Aller, nº 9
Teléfono: 986 784004
Comentarios
Publicar un comentario