Museo Galego das Marionetas | GALICIA MÁXICA
O Museo Galego da Marioneta é un lugar que non debiamos pasar por alto en Galicia Máxica xa que resulta un lugar único e unha referencia no curioso e artístico mundo das marionetas.
Atópase dentro dos muros do espectacular Pazo de Liñares e dentro do espazo museístico Espazo Liñares e componse de dúas salas de exposicións e dunha das máis grandes bibliotecas privadas desta temática da Península.
Este museo ten a súa orixe en 2001 pero non foi ata 2014 cando froito dun convenio entre o Concello de Lalín e a compañía Viravolta Monicreques foi acollido entre os muros de pazo de Liñares.
Non só para os amantes das marionetas e para a amantes da arte é unha cita imprescindible pois estas figuras deixan de ser simplemente bonecos para converterse en pura arte, arte que se reflicte nos detalles, nos seus xestos, nos seus fíos que parecen devolver a vida a estas marionetas.
Ademais da exposición permanente o museo acolle mostras temporais.

Para saber máis:
https://museodamarioneta.wordpress.com/
http://viravoltatiteres.com/index.asp
Comentarios
Publicar un comentario