Capela da Senhora da Encarnação | GALICIA MÁXICA

 União das freguesias de Vila Nova de Cerveira e Lovelhe

Na saia noroeste da Serra da Gávea atópase a unha altura de 300 metros sobre o nivel do mar a capela da Senhora da Encarnação.
Trátase dunha construción do século XVII da que temos constancia escrita no ano 1758.



Recibe o mesmo nome que o monte onde se sitúa, o Monte da Sª dá Encarnação, desde o cal dominaremos un amplo panorama do val do Miño cara ao leste e cara ao oeste.
Un pouco por encima localízase a famosa imaxe do cervo onde teremos tamén un fantástico miradoiro. Pódese chegar desde aquí andando por un carreiro habilitado ou tamén por estrada. Moi preto tamén pero estrada abaixo atópanse os restos da capela do Espirito Santo.



Os días 12 e 13 de xuño realízase a romaría da Senhora da Encarnação na cal os romeiros ascenden en procesión desde a igrexa de Lobelhe.


Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA