Acueducto do Bravo | GALICIA MÁXICA

O río Vilaza, moitas veces denominado Zamáns, discorre polo lugar de O Bravo, un lugar situado a escasos metros do centro urbano de Gondomar. A súa proximidade a este provocou unha gran presión urbanística sobre el. Un deses exemplos é o paso da variante da PO-331 que cun gran viaduto vadea o citado río. Practicamente debaixo desta ponte nova localízanse os restos correspondentes ao Acueducto do Bravo, un acueducto cuxos orixes se van ao século XVII.



Posúe tres arcos de medio punto e dous aliavaderos adintelados a ambos os dous lados para épocas de crecidas puntuais. Está construído en gran parte con grandes "perpiaños" e presenta unha canle de medio metro. Río arriba presenta tres tajamares. Os restos da canle que chegan a este acueducto son imperceptibles pero sábese que recollía a auga un pouco máis arriba na parroquia de Vilaza.





O seu uso non está moi claro aínda que se conta que era utilizado para regadío das leiras dun pazo situado na parroquia de Mañufe. Este pazo é denominado "Baludio" pero non localizamos sua situación exacta. En Baludío sabemos que se construíu a Escola Americana a principios de século XX e que hoxe é o IES Escolar Proval. Nas proximidades non hai pazos aínda que seguramente os dominios dalgún se estendesen pola beira norte do Miñor.



Nas proximidades existe unha pedra que reza a seguinte inscripición ainda que apenas é imperceptible:
A JUAN PSE ANO DE 1696

O lugar atópase esquecido e a maleza a miúdo impide o seu fácil acceso. A beiras do Vilaza discorre un carreiro que a uns cincuenta metros río abaixo levaranos ata outras ruínas moi interesantes.



Trátase dunha construción realizada con pedra e que conta cun basto arco rebaixado baixo o que existe un oco onde aínda conserva ladrillos refractarios. Nas proximidades tamén veremos restos dun arco que con estes ladrillos formaban un posible forno.



Cemento e outros materiais revélannos que esta construción mantívose activa ben entrado o século XX. Os restos duns alicerces descóbrennos que o edificio mantivo un pórtico, probablemente para almacenar madeira, carbón ou outro material. Non localizamos canalizacións de auga para mover mecanismos e tampouco parecen existir restos de sistemas eléctricos.

É seguro que se trata dunha industria pero descoñecemos exactamente a súa función e cal foi a súa orixe.




Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén