Ponte Edrada | GALICIA MÁXICA
Hoxe en día o val do Edrada atópase alagado por un encoro do ano 1978 e é cruzado por unha ponte desa década. O pantano provocou a inundación parcial da antiga estrada OU-0604 que unía Vilariño Frío con Parada de Sil e por tanto a vella ponte da estrada quedou sepultada polas augas. Con todo aínda poderemos ver a antiga ponte que unía as dúas beiras antes da construción do encoro cando as augas están baixas.

Descoñecemos o ano de construción da estrada e por tanto da citada ponte. Pero polas súas características e decoración parece unha ponte do século XIX. Ten un só arco de tipo rebaixado o que lle permite soportar máis volume de auga. Na súa calzada só apréciase grava e nos camiños de acceso non se ve resto de pavimento. Isto reafírmanos a antigüidade da ponte xa que ata primeiros de século non había vehículos motorizados que precisasen un firme máis homoxéneo.

Podemos identificar na súa estrutura dúas etapas construtivas xa que o arco parece ser reconstruído na súa totalidade. É probable que antes de este outra ponte máis antiga ocupase o lugar.
MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios
Publicar un comentario