Monte do Faro | GALICIA MÁXICA

Capela de Nossa Senhora do Faro


Ganfei


O Monte do Faro localízase moi preto da localidade de Valença e levántase ata os 566 metros converténdose no punto máis alto dos arredores.

A súa cima serve como punto de comunicacións e son varias as antenas instaladas sobre el. Uns metros máis abaixo atópase a Capela de Nossa Senhora do Faro que celebra a súa romaría o 15 de Agosto.

Iglesia

Xunto a ela un restaurante aproveitou os restos dunhas antigas instalacións de romeus e toda a zona foi convertida nunha gran área recreativa con mesas e unha fonte dedicada a Sto Antonio de 1939.

En canto á igrexa é de principios do século XVIII, concretamente do ano 1707 e foi fundada polos monxes benedictinos do Mosteiro de Ganfei. Foi abandonada en 1834 e pouco despois recuperada de novo.

Interior

Xunto á igrexa existe un castiñeiro centenario que seguramente viu nacer esta capela. Este atrio ten as súas laxas repletas de inscricións que ao noso parecer serían de principios do século XX.

Non temos constancia dunha ocupación anterior ao século XVIII pero tendo en conta a historia deste tipo de santuarios é lóxico que antes desta existise algún tipo de culto asociado ao paganismo. Tamén non sería improbable a localización dun mosteiro máis antigo xa que nas proximidades poderemos ver restos dun lagar.

Área Recreativa

A fachada barroca é de granito en parte pintada de branco e baixo unha hornacina temos a figura de São Bento (San Benito). Anexouse unha capela no seu muro sur no ano 1949 e fronte á súa entrada existe un motivo decorativo que se suxeita cunha columna de difícil interpretación.

Existe unha lenda que nos conta que un home foi preso en África nas súas batallas contra os mouros. Foi encadeado con grilletes que lle suxeitaban os pés e día a día imploraba á Virxe natal de Nossa Senhora do Faro. Un día desesperado e desfallecido pola calor, ao levantarse deuse conta que xa non estaba en África, senón que se espertou xunto á capela da súa amada divindade a Nossa Senhora do Faro e aínda cos grilletes postos. En ofrenda alí deixou devanditos grilletes.



Desde a área recreativa sae unha estrada construída a principios do século XX que dá acceso ao miradoiro da capela de Santa Ana desde onde teremos unhas vistas marabillosas.

Peto 1707

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA