Serradoiro da Ponte Cabaleiros | GALICIA MÁXICA
A PONTE
En Arbo existe un lugar denominado A Ponte Cabaleiros por onde discorría a antiga PO-400 hoxe desviada uns metros máis abaixo. Neste lugar existe unha ponte do século XIX por encima do río Cea. A auga dos regachos eran aproveitados polas maquinarias dos muíños e outras industrias que precisaban desta enerxía. Por iso é frecuente ver tamén vellos serradoiros xunto ás súas canles. Aquí, xunto á antiga ponte do Cea temos os restos dun deles.
Atópase totalmente abandonado e presenta varias edificacións de distintas épocas xunto ao río e sobre a súa canle.
Por unha banda temos as antigas instalacións cuxos muros foron construídos con sillería e mampostería. O río Cea pasa por baixo da edificación mediante un gran arco de medio punto.
Moi preto existen outras tres edificacións, unha de granito e outras dúas de ladrillos artesanais. Nelas aínda nos sorprenderán os restos de maquinarias e dos propios dentes de serras que se atopan totalmente abandonados. Causa impresión ver unha máquina de vapor na que aínda poderemos apreciar os restos de carbón dentro dos seus mecanismos.
Non sabemos a antigüidade destas ruínas pero polo que apreciamos a súa actividade comprendería desde o século XVIII ata o mesmo século XX. É probable que as súas maquinarias empregasen a fórza da auga nun principio, o vapor despois e finalmente a electricidade xa que poderemos ver cablería e mesmo un transformador xunto ás ruínas.
A última edificación é un vello pavillón con cubrición de tella e sen paredes que probablemente servise ou ben para almacenar madeira ou ben o mesmo carbón que empregaban as máquinas deste lugar. Esta construción é máis moderna que o resto.
É unha pena que o patrimonio industrial de séculos pasados déixese perder desta maneira.
Comentarios
Publicar un comentario