Illa do Refuxio - Couto Sigüeiro | GALICIA MÁXICA

Área recreativa Illa do Refuxio


A Gándara


O río Tambre pasa pola poboación de Sigüeiro pero xusto antes de chegar ata a vila existe unha gran illa na súa canle denominada Illa do Refuxio.

Pasarelas

Sobre ela e sobre as dúas ribeiras do Tambre hai acondicionada unha boa área recreativa de 0´6 ha que dispón mesmo dunha pequena praia fluvial. Ademais conta con mesas, basureiros, grellas, fonte e zona de aparcadoiro.

A área recreativa está dentro do coto pesqueiro de Coto Sigüeiro que conta con máis de 10 km e nel atópanse especies como troitas, cachos e bogas.

aceña

A zona ademais enmárcase nun belo espazo natural onde predominan carballos, ameneiros, salgueiros e freixos.

Pódese acceder á illa por medio dunhas pasarelas de cemento habilitadas para tal circunstancia desde as dúas beiras do río.

Mesas

Xunto ao río tamén poderemos ver o refuxio de pescadores de Coto Sigüeiro e unha presa tradicional para desvío da auga cuxa función descoñecemos.

Tambre

O concello de Oroso dispón de ata cinco áreas recreativas.

Máis fotos aquí







MAPA - LOCALIZACIÓN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA