Cruceiro de Melide | GALICIA MÁXICA
O cruceiro que nos ocupa localízase no centro dunha das vilas máis populares do Camiño de Santiago e segundo algúns estudiosos podería tratarse do cruceiro máis antigo de Galicia. Sexa ou non o sexa o certo é que se trata dunha bela cruz de pedra do século XIV situado xunto á igrexa de San Roque. Por tanto trátase dun cruceiro gótico.
Levántase encima dun pedestal sobre a que vai unha columna octogonal de época recente. A cruz orixinal uniuse cunha argolla de ferro que produce oxidación e con iso o desgaste da pedra da columna.
Nun dos lados do cruceiro poderemos ver a Cristo crucificado acompañado de dúas figuras de difícil identificación pero que poderían ser San Xoán e a Virxe.
Na outra cara temos de novo a Xesús sobre un trono mostrándonos as chagas producidas durante a crucifixión.
O cruceiro orixinalmente era policromado e aínda se poden apreciar restos da pintura aos pés do Cristo onde tamén parece representarse algún tipo de templo á vista duns pequenos arcos oxivais.
Dise que podería non ser un cruceiro e realmente pertencer a un retablo da igrexa desaparecida de San Pedro de Melide, xa que as súas características concordaban con este monumento pétreo. É posible que os brazos da cruz fosen modificados para adaptalo ao tipo de construción dos cruceiros.

Comentarios
Publicar un comentario