Praia Valcovo ou de Area Grande | GALICIA MAXICA
Atoparás esta praia de Arteixo escrita das máis diferentes xeitos: " Valcobo, Balcobo, Balcovo," non obstante o topónimo oficial é "Valcovo" e para evitar confusións así mostrarémolo.
A praia de Valcovo encóntrase protexida polo sueste por unha elevación coñecida como O Monte da Angra que alcanza os 239. Cara ao nordés sitúase un pequeno monte de 133 metros que mantén restos dunha ocupación castrexa. O val deixado entre estas dúas elevacións forma na costa esta fermosa praia triangular que conta con máis de 260 metros de lonxitude na súa parte máis ancha. O seu ancho varía moito xa que alcanza un mínimo de 30 metros e un máximo de 100 en marea baixa. O areal está flanqueado pola Punta do Compás e a Punta do Petón.
Praia de mar aberto rodeada de dunas que fai que este resgardada á vista, facendo dela un lugar paradisíaco de augas limpas. A súa proximidade ao casco de Arteixo provoca que sexa unha das praias máis transitadas do municipio. Conta un aparcadoiro moi preto da praia. A praia ás veces é chamada praia da Vaca ou praia de "os cinco duros".
O tempo na praia de Valcovo con:
Comentarios
Publicar un comentario