Praia de Sabón ou de Alba | GALICIA MAXICA
(Fotos de Toni Corrales)
Esta gran praia perdeu todo o seu esplendor dende que se instalou xunto a ela a central térmica de Sabón, xusto na desembocadura do Río Arteixo ou Bolaños no que tamén se contruiu unha presa coñecida como Encoro de Ruxidoiro. Ademais da central o Río Bolaños discorre polo interior do Polígono Industrial de Sabón polo que dende fai xa moitos anos non baixa como a todos nos gustaría. A zona dunar sur é moi escasa debido á degradación dos últimos anos. Cara ao norte encóntrase a central e o encoro.
A praia é bañada polo Océano Atlántico e por iso recibe forte ondada. A praia conta cun bo aparcadoiro. A construción do porto exterior de Punta Langosteira provoca que a praia se desconfigure máis aínda no seu aspecto natural.
A pesar desta contaminación, o encoro é utilizado por moitas especies de aves que ven nas súas augas doce un lugar onde poder alimentarse e criar.
Ocupa unha extensión de 900 metros por 40 metros de ancho.
O Tempo na praia de Sabón con:
Comentarios
Publicar un comentario