Museo do Mel - O Enredo do Abelleiro | GALICIA MAXICA

(Máis fotos aquí)


O Enredo do Abelleiro - Museo Vivente do Mel


Por debaixo do noiro que forma a presa do Encoro de Portodemouros, na parte de Arzúa, sitúase un fantástico museo vivente onde gozarás in situ da vida e obra dun dos insectos máis importantes para o desenvolvemento normal do ecosistema onde vivimos. É o MuseoVivente do Mel, ou Enredo do Abelleiro.



Coñecer o mel é tamén coñecer a nosa historia. Un dos produtos que foi utilizado dende a prehistoria ata o noso días, en diferentes localizacións, por diferentes culturas e ao longo dos séculos. Xa nomeada na Biblia e no Corán, foi sempre valorada como un rico manxar, tanto polo padal coma polas súas propiedades curativas, xa que é grazas a ela que a forza, a lonxevidade e a cura de moitas enfermidades é posible. O que está claro é que demostrada é a súa naturalidade e o creamos ou non, algo que sae da trasformación do pole da flor ten que ser bo, si ou si.



Ben é certo que estes insectos himenópteros nunca tiveron boa fama e xa os indios relataban como as moscas do home branco facían que retrocedesen eles e os seus búfalos. Pero dende este museo quérennos achegar a tan marabilloso insecto e desmitificar que o seu único valor na vida sexa que os humanos suframos as consecuencias das caricias dos seus aguillóns. Non imos contarvos a historia do mel, deixarémosvos uns enlaces que abriran os vosos ollos a un mundo, o do mel e as abellas, que a parte de excitante vos fará uns coñecedores da bela arte da apicultura. En Galicia as orixes vincúlanse ao autoconsumo no medio rural, máis tarde son os mosteiros os que impulsan o seu uso. Era entón utilizado como alimento curativo e o único endulzante, é pois xunto coas castañas e as noces un alimento tradicional que consegue o seu distintivo de calidade no ano 1988 no que foi recoñecido como "Produto galego de calidade" e no 2007 chega o reconocimento no rexistro europeo.



Isidro Pardo Varela é o fundador deste museo inagurado no 1994 e xunto á súa familia quere ensinarnos a súa gran paixón e o motor da súa vida: as abellas. Os seus inicios non foron doados non era coñecedor do insecto e como a moitos de nós tiña cara a eles un gran respecto. Foi máis adiante cando nace primeiro a curiosidade a saber máis sobre este marabilloso animal e logo a fascinación polo seu mundo. Cando cheguedes a este museo recoméndovos que o fagades con tempo e vos decidades pola visita guiada. Mirar o funcionamento dunha colmea daravos unha idea da organización desta, a xerarquía non ten máis significado que o traballo e o duro esforzo dunha especie á que só viramos o aguillón. Veremos como se foron transformando as súas colmeas e a súa vida, a súa grande importancia no noso mundo, a súa desaparición... farán que en ti vida xa non sexa un inimigo e si un aliado que dará cor nos campos.




Localización - Mapa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

A Cidade dos Mortos das Costas do Alén