Muíños do Río Riamonte | GALICIA MAXICA

(Fotos de Toni Corrales)


Ruta da Auga de Ames (Vilar) - Muiños do Río Riamonte


Entre o Monte de San Marcos e Os Pedrouzos fórmase o val por onde discorre o río Riamonte. Antes de chegar a Vilar existe un conxunto de once muíños parcialmente restaurados que forman parte dunha fermosa ruta coñecida como Ruta dá Auga de Ames que nos conducirán xunto ao río entre un bosque de freixos, ameneiros, carballos e eucaliptos e varios elementos dedicados ao funcionamento dos muíños, como canles e presas.



A ruta se incia en Vilar preto do único muíño en funcionamento. Pouco despois comeza o ascenso e en tan só un traxecto de 500 metros encontraremos os seguintes dez muíños. A ruta levaranos despois de sete quilómetros ata o alto de San Marcos de, 351 metros, pequeno cumio de orografía perfecta para a situación dunha antiga atalaia ou algún tipo de localización defensiva medieval ou quizais anterior.



Dise da posible existencia dunha torre medieval neste punto. Proba da existencia de posibles restos históricos lendarios e pagáns é a presenza doutros restos cristiáns que pertencían a unha antiga capela dedicada a San Marcos, posiblemente destinada á cristianización e sacralización do lugar. Dende aquí obtense unha impresionante panorámica do histórico val de Amaía.

Localización - Mapa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA