Lagoa das Pontes | GALICIA MAXICA

(Máis fotos aquí)


A empresa Endesa explotou o complexo mineral de As pontes durante máis de 30 anos. O lignito era o prezado mineral para poder dar vida á central térmica de As Pontes. Para iso creouse unha mina a ceo aberto polo que se realizou un gran burato de máis de 200 m de profundidade, unha extensión de 811 ha. A extracción do mineral ademais propiciou a formación dunha grande entulleira. O motivo principal é que tristemente saía máis rendible exportar o mineral do estranxeiro dende centos de quilómetros que extraelo a 500 m. A partir do ano 1985 comézase a recuperar a entulleira e os primeiros plans para a recuperación do gran "burato". Decidiuse a creación dun gran lago mediante as chuvias o que conduciría a unha enchedura que duraría 20 anos. Non obstante preparouse outro plan desviando algún pequeno regueiro e creando unha canle para traer auga do Eume. En pouco máis de catro anos conseguiuse a enchedura que culminou na primavera do 2012, creando así o maior lago artificial de España e dos maiores de Europa, convirtidoo na maior rexeneración ambiental da península da historia.



Para a entulleira, que ocupaba unha extensión de 1.150 ten, rexenerouse plantando 580.000 árbores e construíndo 67 km de pistas e 56 km de canles.

Hoxe, un gran lago cobre o "gran burato", no que mesmo existe unha praia fluvial e practícanse toda clase de deportes e actividades naúticas. O lago variou lixeiramente o clima da bisbarra, propiciando algún banco de néboa máis habitualmente e descendendo a temperatura en case medio grao. Especúlase co posible uso enerxético que produciría o lago, deixando en interdito o mero obxectivo ambiental inicial.





O lago ten un perímetro de 15 km e unha lonxitude máxima de 4,7km, chegando a obter un volume de auga de 540 hm3.
Sexa co obxectivo que sexa, moitas outras enerxéticas deberían facer plans parecidos, a cambio da explotación das nosas riquezas.


Localización - Mapa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA