Fervenza do Rego da Palanca | GALICIA MAXICA
(Fotos de Toni Corrales)
O Rego da Palanca nace no Cordal de Montouto, moi preto do Monte Buño, que roza os 740 m de altura e se dirixe á bisbarra de Betanzos, pasando polas terras do concello de Aranga, para formar parte do Val de Cambas. Antes xunta as súas augas co Rego da Ponte dás Ovellas, tamén coñecido como Rego da Loba, para formar o Río Cambas, afluente do gran Mandeo. Nesta intersección, os ríos encáixanse formando espectaculares vales que mantiveron conservado parte da súa natureza primitiva. Así conserva unha magnífica fraga autóctona en parte do val e mantén un magnífico bosque ribeirán.
Nestes vales os ríos erosionan as rochas de cuarzo para formar espectaculares rápidos e grandes saltos de auga, algún deles de case 20 m de altura, como o caso desta fervenza do Rego da Palanca. Moi preto, pero no Rego da Loba, tamén poderemos observar fascinantes cascadas como a do pozo de Castro Rodicio. Para chegar ata ela o máis recomendable é percorrer a ruta de sendeirismo nº2 do concello de Aranga. Na web del concello farémonos unha idea de como chegar e poder realizar esta magnífica ruta.
As calidades do val e do río tamén foron aproveitadas para beneficios ernexéticos que poderemos ver en forma de enormes tubos, canles e presas que marcan o val.
Comentarios
Publicar un comentario