Fervenza das Painceiras ou de Bermui | GALICIA MAXICA

(Fotos de Toni Corrales)


Na parroquia de Bermui, nas Pontes de García Rodríguez, un pequeno regueiro coñecido como Rego dás Foxas dá as súas augas ao Río Eume. Este pequeno río de escaso caudal ten menos de dous quilómetros de lonxitude e tres cuartas partes do seu traxecto discorre por zonas chairas. Ao chegar ao encaixado val do Eume salva 100 metros de desnivel en tan só 200 metros finais o que provoca que en épocas de chuvias se formen fascinantes fervenzas. Unha delas de case 10 metros de altura sorprenderanos pola súa beleza. A forza desta parte do río foi aproveitada nas décadas anteriores para a moenda do gran. Proba diso é a existencia de dous muíños de auga que conforman unha magnífica paisaxe realmente belo.
Fervenza de Bermui




Localización - Mapa


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A lendaria Pedra da Serpe de Corme

Insua dos poetas, un paque temático para o Galego no Carballiño

Foxo do Lobo de Laxoso, Lobeira de Laxoso | GALICIA MÁXICA