Calvario e Igrexa de Castro Barbudo | GALICIA MÁXICA
A pés do encoro de Eiras levántase o Monte Catadoiro. Unha dos seus cumes localízase na parroquia de Castro Barbudo e elévase ata os 467 metros. Esta é denominada "O Castelo" en relación cun asentamento de época castrexa cuxos restos deberemos adiviñar. Desde as inmediacións obteremos unha gran vista do val do Oitavén así como do encoro que retén as súas augas: o encoro de Eiras.
Como moitos destes de xacementos o lugar foi sacralizado pola construción dunha igrexa nas proximidades. Dita igrexa foi reedificada en época barroca, concretamente no ano 1780. Xunto a ela construíuse o cemiterio parroquial.
A súa planta é rectangular dunha soa nave e a súa ábsida tamén adopta esta figura pero coa adhesión dunha sancristía. Cóbrese a dúas augas e a súa fachada non ten ningún obxecto decorativo salvo a súa sinxela espadana de dobre campanario. No muro sur atópase encostado un sepulcro.
No interior se garda unha fermosa cruz románica.
Un vía crucis rodea o atrio da igrexa pero o que máis destaca deste conxunto é o seu fantástico calvario de 1883 creado por un dos grandes canteiros da historia de Galicia: O mestre Manuel González Perdiz, autor de entre outros, do próximo cruceiro de Xende.
Como todo bo calvario consta de tres cruces que representan a crucifixión de Cristo e dos dous ladróns, Dimas, o bo ladrón e Xestas, o malo.
Atópase rodeado dun enrejado e nas bases poderemos ler o seguinte:
Para saber un pouco máis da súa arquitectura e arte poderemos ver estas ligazóns que nos axudasen a coñecelo mellor:
Por se estas cruces fosen poucas nun montículo que se atopa por encima da igrexa temos un sinxelo cruceiro que parece vixiar as espectaculares vistas que desde aquí obteremos.
[mapsmarker marker="16"]

SE HIZO SIENDO ABAD DON MANUEL MARTINEZ. ADMINISTRADOR JOSE M. GARRIDO. EL MAESTRO MANUEL GONZALEZ. AÑO DE 1883 - DIMAS EL BUEN LADRON - GIESTAS EL MAL LADRON"
Para saber un pouco máis da súa arquitectura e arte poderemos ver estas ligazóns que nos axudasen a coñecelo mellor:
- http://patrimoniogalego.net/index.php/26680/2012/10/calvario-de-barbudo/
- http://www.oocities.org/xufp/calvario_Barbudo.html
Por se estas cruces fosen poucas nun montículo que se atopa por encima da igrexa temos un sinxelo cruceiro que parece vixiar as espectaculares vistas que desde aquí obteremos.
Máis fotos aquí
MAPA - LOCALIZACIÓN
[mapsmarker marker="16"]
Comentarios
Publicar un comentario